O sol do verán By Carlos Casares

O

Reler a Carlos Casares e o Sol do Verán fíxome retroceder a adolescencia, igual que lles acontece a Carlos e Helena. Unha historia de (des)amor que xa é todo un clásico na literatura galega. Fiction, Nonfiction Un libro pausado, tranquilo, reflexivo.
🔹
La novela comienza superpotente, con el suicidio de uno de los protagonistas (y no estoy destripando nada) y termina también de manera intensa, sugiriendo sin llegar a confirmar aquello que vamos entreviendo a lo largo del libro.
🔹
Sin embargo, entre ese inicio de impresión y ese final sorprendente, llegué a aburrirme. Hay situaciones (y escenarios) que se repiten una y otra vez, como si se narrase continuamente la misma escena.
Es cierto también que esa manera serena de contar y de insistir en lo mismo contribuye a que nos empapemos de la historia y conozcamos muy bien a los personajes. Pero, en fin, me faltó algo.
🔹
¿Con qué me quedo? Pues con el personaje de la madre de Helena y con el relato de la vida en la casa de la aldea💙. Fiction, Nonfiction Deliciosa como as primeiras xornadas do verán. Fiction, Nonfiction este livro tem tudo de que gosto: história de personagens, verans, natureza, costumbrismo, romances proibidos, amor de juventude, desídia e tristeza para acabar com qualquer persoa. mui bem feito, casares. Fiction, Nonfiction Foi un deses libros que te marcan. Carlos Casares ten un xeito de narrar que te mergulla na historia e faiche sentir emocións intensas. Aínda que o libro sexa un pouco tristre pola sua natureza, tamén é un libro de amor. Creo que foi a primera vez que lin un libro é chorei, sobre todo ao final. Gustoume moitisimo Fiction, Nonfiction

Unha novela marabillosa, que me fixo voltar á infancia, a eses veráns inmensos plagados de momentos na aldea. Casares dinos moito en poucas páxinas. Un gran Mestre!

Reseña completa aquí: https://lecturafilia.com/2017/05/16/o... Fiction, Nonfiction Non teño palabras para esta obra. Deixoume co corazón aberto. Encandiloume. Fiction, Nonfiction Eu lin este libro por primeira vez con 17 anos e ainda que me gustara moito, non entendía a sensación coa que o terminara.

Agora xa o entendo.

Doeu-me moito. Fiction, Nonfiction primeiro que todo, alba fíxome spoiler (quérote igual) e agora nunca poderei saber como tería encaixado o final de non coñecelo xa de antes; talvez como o súbito ruído de estralar unha noz ou dun disparo na noite.
gústame moito, de sempre, como escribe casares, esa forma tan coidadosa que ten de darlle forma, en especial, ós xestos e ós espazos. apreciei moito tamén a maneira en que as verbas levantan esa calor abafante do verán ourensán e os alivios repentinos da brisa contra o ceo azul turquesa. é esta, curiosamente, unha novela cunhas cores moi específicas.
por outra banda, son consciente de estar sendo quizais indulxente en exceso coa puntuación: a narración de helena, talvez por desprenderse do fluír da conciencia e dos caprichos das lembranzas, resulta repetitiva e explicativa de máis; e tería aportado unha nova dimensión ó libro profundizar un chisco máis nalgunha que outra persoaxe.
porén, sinto que para cada crítica encontro de seguido unha desculpa, e que cada desperfecto da novela pódese explicar facilmente coa visión sesgada da protagonista e ese costume tan humano de deformar e conxelar os recordos. cando menos, casares fai c'o sol do verán unha exploración moi interesante da memoria e do paraíso da nenez.
despois de todo, se ben a revelación apresurada das últimas páxinas pode ser anticlimática e lastrar ó impacto desa intelixentísima frase de peche, penso que tampouco importa moito. o cristal que é perforado e escacha de súpeto. que final máis triste. Fiction, Nonfiction «O sol do verán» é unha historia moi emotiva e chea de profundas lembranzas e de fortes añoranzas.

Un dos aspectos que máis me agradou foi a narración do espacio temporal da novela, xa que, ao longo de toda a historia, a protagonista recorda momentos, vivenzas e experiencias do pasado que chegan ata o máis fondo do presente. Ademais, gustaríame destacar a narración tan delicada e as descripcións tan detalladas de Carlos Casares; a súa pluma é maxistral.

Se este libro recibe tres estrelas non é porque non me emocionase, senón porque considero que non escollín lelo no momento preciso para empatizar cos pensamentos e coas sensacións das personaxes. Ademais, como o lin en galego, goceino moitísimo máis. Sempre que leo nesta lingua, o meu sorriso aparece como por arte de maxia no meu rostro. Fiction, Nonfiction

Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na verdade de ser e de sentir. O sol do verán

Free read ✓ eBook, PDF or Kindle ePUB î Carlos Casares